Opa! (Educación Infantil, 1º Ciclo de Primaria, + tempo)

http://portaldaspalabras.org/opa
Clica na imaxe.


Os xogos de memoria son un recurso imprescindible nas aulas de Infantil e de 1º Ciclo de Primaria, por iso paga a pena investir tempo na elaboración de materiais que poderemos usar unha e outra vez cada curso.

Podemos elaborar as tarxetas con imaxes que representen o termo para EI e para o 1º Ciclo as tarxetas levarán tamén a palabra escrita.

Presentaremos 2 xogos:
- O 1º xogo realizarase no patio, entregarémoslle a cada neno/a unha tarxeta e terá que buscar a súa parella entre o grupo. Despois terán que explicar o significado.
- O 2º realizarase na aula como o xogo tradicional de memoria: visionado das tarxetas un tempo, despois viralas e ir emparellando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario