Xogos 7: Só unha vale (Educación Infantil, Educación Primaria, + tempo)

Fotografía de Joan Grífols.


Ofrecemos 3 propostas para Educación Infantil e Primaria utilizando este xogo.

Un recanto de emocións
Os xogos Somos diferentes e En que andas pensando? son axeitados para lles poñer nome ás emocións e aos sentimentos. Podemos facer un recanto de emocións (tipo “Sacapenas”), organizado con etiquetas cos nomes (ou imaxes) dos sentimentos aprendidos (e os que xa coñecen) e que lles axuden a expresar como se senten en derterminados momentos.

Facemos receitas
Os xogos Ensalada de pasta ou O que non mata engorda pódennos servir para ampliar vocabulario e elaborar receitarios entre todos.

Describimos persoas
No 2º e 3º ciclos de Primaria hai 3 xogos (Tipos de persoas, En que andas pensando? e Somos diferentes) que resultan especialmente útiles para traballar a descrición de persoas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario