Setestrelo



En 1º nunca xogaramos ao Setestrelo e, a verdade, é que sendo unha actividade improvisada, nos quedou moi bonita. A idea xurdiu porque estamos a descubrir palabras que levan H, e esa é a temática do Setestrelo no día de hoxe, 5 de maio. Primeiro lemos as palabras propostas e aprendemos o significado das que non coñeciamos. Despois nun folio cos 7 puntos, que forman de Osa Maior, escribiron as palabras facendo coincidir os puntos debaixo de cada H.
Aproveitando que en Matemáticas estamos empezando co uso da regra, unimos os “puntos H” e… aquí está o resultado!!!
 


 Setestrelo do H feito coa aplicación Popplet.


Ningún comentario:

Publicar un comentario